Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e Betanzos, competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, onde os 18 deportistas inscritos do Club, fixeron un moi bo traballo, cumpliron os obxetivos e disfrutaron dunha boa xornada deportiva.
O equipo, formado por Hernán, Luis, Marco, César, Cristina, Joel, Zeltia, Jairo, Andrés, Sofía, Jesús, Vicky, Ainhoa, Ainara, Thiago, Nico, Inés e Enzo, obtivo un total de 32 medallas, entre os que se atopan os seguintes resultados nas modalidade de Tatami Sport, en Lightcontact e Kicklight:
12 Ouros
11 Pratas
9 Bronces
Cabe destacar o traballo de Zeltia, debutando na modalidade de Ring Sport na disciplina de LowKick, facendo un bo traballo tendo en conta que era a sua primeira vez competindo nunha modalidade de contacto pleno.
O club segue traballando de cara a próxima tempada, co obxetivo de ter un equipo de Ring Sport, con deportistas como Joel, Cristina, Zeltia, Sofía, Jesús, e os que se poidan ir incorporando próximamente, que ata hoxe, pola xuventude do club, o Club Kang non gozaba del.
A base de traballo, método e constancia, vaise consolidando un equipo de Ring Sport no Club Kang, que se suma o de Tatami Sport que xa logra moi bos resultados.
Cabe destacar o traballo de Cristina, que exerceu de árbitro e que xunto co resto do equipo arbitral e organización, fixeron posible que todos disfrutasen da competición.