Encontro coa hostalería de Fene para organizar o XIV Concurso de Tapas

O Concello de Fene chama á hostalería local a participar no encontro que terá lugar o martes 23 de abril ás 16 horas.

O Concello de Fene vén de iniciar os preparativos para a celebración do XIV Concurso de Tapas, que terá lugar nas próximas semanas. O certame, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, ten por obxectivo dinamizar o sector da hostalería cun evento que premia o sabor, a calidade e a aparencia dos petiscos.

A hostalería fenesa está chamada a participar nun encontro que decorrerá o próximo martes – 23 de abril- ás 16h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene, no que se pecharán as datas concretas do concurso e tamén outras cuestións relativas á organización do mesmo.

A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, animou a toda a hostalería fenesa a participar coas súas creacións “nun certame que converterá a Fene na capital da tapa”, e que fomenta “o coñecemento da ampla oferta hostaleira que temos no municipio”.

Premios ás mellores tapas

Como en anteriores edicións, o Concello de Fene repartirá os pasaportes “Fenerruta”, que as persoas que participen no concurso deberán ir selando conforme proban as diferentes tapas. Cos seus votos, elixirán a Tapa Popular Creativa e a Tapa Popular Tradicional, e ademais participarán para gañar diversos agasallos, que se desvelarán proximamente.

Un xurado especializado tamén se encargará de probar todas as tapas do concurso para outorgar os premios da Tapa Creativa e Tapa Tradicional, valorando aspectos como os ingredientes, a ealboración, a creatividade, o sabor, a presentación e o concepto.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …