O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás 20:00 horas, o espectáculo de teatro contemporáneo “O dragón de ouro”.

A peza está ambientada nun edificio dalgún lugar de Europa cun restaurante de comida rápida ubicado no baixo e en cuxo local e os pisos superiores se suceden varias historias.

Ánxeles Cuña dirixe esta obra, cun elenco artístico formado por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu e Fina Calleja.

Está dirixida a público adulto e ten unha duración de 70 minutos.

As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es) a un prezo de 9,50 euros para público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos)

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …