FeC denuncia o lamentable estado dos parques caninos

Ferrol en Común denuncia «o estado lamentable no que se atopan os parques caninos da nosa cidade. «Xa son moitas as veces que intentamos que estes recintos teñan un bo mantemento e se melloren as instalacións, pero todas as nosas chamadas de atención quedan en saco roto, pois nin o goberno anterior nin o actual, que xa leva 1 ano de mandato, fixeron nin unha soa intervención neste sentido».

«En Ferrol hai máis de 11.000 cans, a maioría deles vivindo en zonas urbanas onde atopar espazos de esparcemento é practicamente imposible. Por iso existe a necesidade de contar con parques caninos, pero estes deben estar en boas condicións para que o seu uso sexa seguro tanto para os cans coma para as persoas».

FeC quere denunciar «o estado lamentable no que se atopan estes recintos caninos, un estado que non é cousa dun día se non dunha deixadez total e absoluta de mantemento destes lugares para os cans».

«As portas e pechaduras da maioría dos parques atópanse rotas dende fai anos, obrigando á veciñanza a buscar solucións caseiras coma atar unha corda ou poñer un tope de madeira. Outra das carencias é que moitos dos parques caninos non contan con fontes adaptadas para os cans, unha cuestións que debería subsanarse».

«Así mesmo, os enreixados de todos os parques son fráxiles e endebles e están rotos ou caídos, cando deberían de ser de tipo hércules, coma son noutras cidades, para garantir a seguridade dos cans e evitar calquera perigo non só para eles, se non para toda a cidadanía».

«O seu mantemento en xeral é deficiente, os buratos non se arranxan, a iluminación é limitada e as dimensións dos parques quédase pequenas para a alta afluencia de cans que os usan a diario».

En definitiva, dende FeC «consideramos que existen demasiadas carencias respecto ao mantemento que se deberían de solucionar e infinitas melloras que se poderían acometer para facer destes lugares uns espazos dignos para o desfrute dos cans e dos seus donos, nun tempo no que, por sorte, cada vez se avanza máis nos dereitos dos animais e no coidado do seu benestar»

«Por iso pedímoslle ao goberno municipal que se poña máns a obra e comece a realizar os arranxos máis básicos en todos os parques caninos para logo acometer as melloras que eles mesmos anunciaron». Conclúen

Lea también

Se destinan 18.000€ para mejorar en Ferrol la señalización en las playas

La concejalía de Seguridad y Movilidad de Ferrol, al frente de la que se encuentra …