Andainas saudables organizadas polo centro de saúde de Pontedeume da ASF

Un total de 25 persoas estreaban as andainas saudables organizadas polo persoal sanitario do centro de saúde de Pontedeume da Área Sanitaria de Ferrol

O equipo multidisciplinar conformado polo enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, Diego Mella Tembrás; o dietista nutricionista, Adrián Pereiro García; e a fisioterapeuta, Fátima Martínez Villar, convocan un día á semana, maioritariamente mércores, a toda a poboación do centro de saúde que queira a participar nesta san actividade.

Quen o desexe, xa que están dirixidas a todos os perfís e idades, só ten que se presentar ás 11:30 no centro de saúde de Pontedeume nos días indicados, para comezar un circuíto polo paseo marítimo deste Concello, que comeza e remata no propio centro de saúde. Son 60 minutos de traballo con quecemento previo, andaina e estiramentos posteriores, aprendendo a afrontar a andaina do xeito máis correctoAproveitase igualmente para que os profesionais ofrezan información sobre pautas de alimentación saudable.

Estas oito andainas saudables comezaban o 17 de abril e continúan o 24 de abril; o 9, 15, 22 e 29 de maio; e a última destes paseos saudables, o 5 de xuño. No centro de saúde, hai carteis informativos ó respecto e ofertase a actividade durante as consultas.

Previr a enfermidade

O obxectivo, indican, é o empoderamento da poboación no coidado da súa saúde, coa realización de actividade física e promoción da saúde para a prevención da enfermidade. Xunto con isto, “concienciar á poboación da importancia da mellora dos hábitos saudables e o impacto sobre a saúde; establecer vencellos sociais e reforzar as relacións entre as persoas participantes; reforzar pautas de alimentación saudable, así como resolver dúbidas frecuentes e aportar información veraz sobre nutrición e alimentación; e potenciar a presenza do equipo sanitario no ámbito da comunidade.

Estes profesionais parten da base de que as enfermidades cardiovasculares son unha importante causa de mortalidade e morbilidade, sendo a principal causa de morte en España. Xunto con isto, que o 37% da sociedade española ten sobrepeso e o 16% obesidade. Realizar actividade física de xeito regular constitúe un piar fundamental á hora de abordar a maioría dos factores de risco cardiovascular.

As directrices da Organización Mundial da Saúde sobre actividade física en adultos de entre 18 e 64 anos indican a recomendación de actividade aeróbica moderada durante entre 150 e 300 minutos semanais á semana, e actividade física aeróbica intensa durante 75-150 minutos semanais. Nos adultos maiores de 65 anos, esta recomendación complétase coa realización de actividades físicas variadas multicompoñente que lles permite mellorar a capacidade funcional e previr caídas.

Lea también

Puesta en marcha en Ortigueira del I Certamen de Decoración de Navidad

El Concello de Ortigueira pone en marcha el primer Certamen de Decoración de Navidad, una …