As Pontes súmase á celebración do Día da Danza

O Concello de As Pontes súmase á celebración do Dia Internacional da Danza, que se celebra o día 29 de abril, cunha actuación das escolas municipais de Danza Clásica, Baile Moderno e Flamenco ao aire libre, na praza de América o próximo venres 26 de abril, ás 19:00 horas.

A través desta iniciativa búscase, en palabras da concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro “mostrar o traballo realizado polo profesorado e alumnado das escolas municipais e achegar á veciñanza á beleza desta disciplina artística, saíndo ao encontro do público para dar a coñecer a danza, as súas diversas modalidades e a labor desenvolvida polas escolas do Concello, amosando o seu talento e creatividade ao mesmo tempo que reivindicamos a danza como unha das expresións artísticas máis populares”.

Esta actividade rematará cun baile final aberto a toda a veciñanza e con tal motivo, a Escola Municipal ofrecerá clases abertas, a todas as persoas que desexen participar nesta iniciativa, os días 12 e 19 de abril, de 19:30 a 20:30 horas, e o sábado 13 de abril, de 12:30 a 13:30 horas, no terceiro andar da Casa Dopeso, para poder aprender e ensaiar a coreografía desta peza.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …