A RFEV designa a San Sadurniño sede da fase de ascenso á Superliga masculina de volei

A Real Federación Española de Voleibol RFEV designou recentemente a San Sadurniño como sede da fase de ascenso á Superliga masculina. A Federación publica os emparellamentos da fase de ascenso. 

Os encontros se e desenvolverán os días 25, 26, 27 e 28 de abril no Pavillón Municipal organizada polo CV Aldebarán.

A escuadra local, segunda clasificada do grupo A, recibirá como anfitrioa á UD Ibiza Voley, á Textil Santanderina, ao CV Utrera, ao CV Leganés e ao Instercap Asisa Tarragona SPSP. Os emparellamentos e os horarios dos partidos xa están publicados.

A RFEV publicou o pasado luns o resultado do sorteo dos dous grupos que disputarán en San Sadurniño o ascenso. No grupo A competirán o conxunto anfitrión, o Aldebarán-Intasa San Sadurniño, o UD Ibiza Voley e o cvleganes.com, mentres no grupo B participarán Textil Santanderina, Instercap Asisa Tarragona e CV Utrera.

Ambos grupos disputarán unha liguiña a unha volta para conformar a clasificación que definirá as semifinais da tarde do sábado, os encontros que situarán aos seus vencedores na gran final do domingo. Os dous ganadores terían asegurada praza de ascenso a Superliga Masculina, de maneira que o grande aliciente do partido será coñecer quen quen queda campión da SM2.

A formación adestrada por Pablo Parga, composta maioritariamente por xente moza formada na canteira, chega plena de forma e sen complexos para afrontar unha nova oportunidade de situarse na máxima categoría do volei estatal. No obxectivo do ascenso será fundamental o apoio das bancadas. Por iso, desde o Concello e desde o club faise un chamamento para que todas e todos enchamos o municipal.

Ademais de apoiar ao Aldebarán, a concellería de Deportes tamén pide o ánimo de toda a afección para o CF San Sadurniño e para a UDC Narahío na súa pugna polo ascenso a Primeira Galicia, con partidos dentro e fóra da casa durante o que queda de abril e todo o mes de maio.

GRUPO A

Xoves 25 de abril, 20:00h

UD Ibiza Volley – cvleganes.com

Venres 26 de abril, 12:00h

Aldebarán Intasa – UD Ibiza Volley

Venres 26 de abril, 20:00h

Cvleganes.com – Aldebarán Intasa

GRUPO B

Xoves 25 de abril, 17:30h

CDV Textil Santanderina – CV Utrera

Venres 26 de abril, 09:30h

Instercap Asisa Tarragona – CDV Textil Santanderina

Venres 26 de abril, 17:30h

CV Utrera – Instercap Asisa Tarragona

 

5º E 6º POSTO

Sábado 27 de abril, 11:00h 3º Grupo A – 3º Grupo B

SEMIFINAIS

Sábado 27 de abril, 17:30h 2º Grupo A – 1º Grupo B
Sábado 27 de abril, 20:00h 1º Grupo A – 2º Grupo B

FINAIS

Domingo 28 de abril, 10:00h Perdedor 1ª semifinal – Perdedor 2ª semifinal
Domingo 28 de abril, 12:00h Ganador 1ª semifinal – Ganador 2ª semifinal

 

Lea también

El Triatlón Ferrol desciende tras tres temporadas en la primera división de la liga de duatlón

El equipo masculino del Triatlón Ferrol no pudo lograr la permanencia en la liga de …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *