Máis de 300 deportistas participan no XXIII Trofeo Baile Deportivo de Narón

O pavillón municipal da Gándara acollerá este domingo 7 o XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón, no que participarán algo máis de 300 deportistas procedentes de clubs de varias comunidades. O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que a proba se desenvolverá dende as 10:00 ata as 20:00 horas e que será puntuable para o ranking nacional.

Los pódiums naroneses en el Campeonato Gallego de latinos | Club de Baile Deportivo Narón

O trofeo disputarase nas modalidades standard, latino, singles, caribeños e danza coreográfica. Na mesma xornada e ubicación, terá lugar o Campionato galego de standard, outra recoñecida competición deportiva na que tamén se poderá desfrutar de deportistas cun gran nivel.

No transcurso do acto, segundo avanzou Santalla, procederase a realizar un recoñecemento oficial aos equipos Narón Kids, do Club de Baile Deportivo Narón, que a pasada fin de semana se alzou co título de Campión do mundo na categoría absoluta en Cambrils, e Revolution UPA, da academia naronesa Un Paso Adelante, que nesa mesma convocatoria gañou o campionato do mundo na categoría youth.

Narón Kids en una prueba | Club Baile Deportivo Narón

O edil de Deportes animou á cidadanía a desprazarse ata o pavillón municipal da Gándara ao longo da xornada do domingo para desfrutar do baile deportivo ao máximo nivel e animar aos deportistas que participarán, desexándolles sorte a todos e, especialmente, aos locais.

Lea también

Primeros avances en la Cidade do Deporte en FIMO tras el primer mes de obras

Una vez se apagaron las luces navideñas, entraban en los pabellones de FIMO las máquinas …