Axenda en Narón o 6 e 7 de abril

Sábado 6 de abril de 2024

Actividade: Liga Galega de Boccia Hora: De 9:30 a 19:30 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello colabora coa Asociación Cultural ASCM na organización deste evento deportivo, unha de cuxas probas se disputará na cidade tras iniciarse en Vigo. A Federación Galega de Deporte Adaptado colabora nesta convocatoria.

Actividade: Homenaxe á familia Díaz Corral Hora: 12:00 Lugar: Parque do Cadaval (inmediacións da pérgola da senda do paseo peonil e ciclista de Freixeiro a Xuvia)

O Concello organiza este acto, no que se homenaxeará á familia Díaz Corral, que na súa vivenda do Couto axudou a persoas perseguidas polo réxime franquista. A Asociación Memoria Histórica Democrática colabora neste evento, no que se descubrirá unha placa conmemorativa no seu recordo. 

Actividade: Concerto “The very best of Dire Straits” Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura 

A programación do Pazo inclúe este concerto, a cargo de Brothers in Band, para recordar algúns dos temas máis populares da banda británica. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. 

Domingo 7 de abril de 2024

Actividade: XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón e Campionato Galego de Standard Hora: De 10:00 a 20:00 Lugar: Pavillón municipal da Gándara

O Concello organizou este evento deportivo, no que participarán algo máis de 300 deportistas, xunto co Club de Baile Deportivo Narón. O trofeo disputarase en cinco modalidades e será puntuable para o ranking nacional. Sobre as 14:00 horas realizarase un recoñecemento aos equipos Narón Kids, do CBD Narón e recente campión mundial de baile deportivo na categoría absoluta, e a Revolution UPA, da academia Un Paso Adelante, campión do mundo de baile deportivo na modalidade youth.

Actividade: Liga Galega de Boccia Hora: De 10:00 a 13:00 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello colabora coa Asociación Cultural ASCM na organización deste evento deportivo, unha de cuxas probas se disputará na cidade tras iniciarse en Vigo. A Federación Galega de Deporte Adaptado colabora nesta convocatoria.

Actividade: “Titiricurcus” Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía teatral Tanxarina trae a Narón este espectáculo, unha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …