Máis de 200 canteiráns participan no Tríatlon de Menores de Ferrol

A proba ferrolá inclúe un ácuatlon para prebenxamíns dentro do circuíto das Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya, que promove a actividade física na infancia. Por primeira vez en Ferrol celebrarase unha remuda mixta con triatletas de categoría feminina e masculina, que potencia a igualdade no deporte. A competición de tríatlon individual, designada campionato Xunta de Galicia, terá unha categoría inclusiva con Carla Santoro, con discapacidade visual. O club local contará con preto de 30 promesas da Escola Javi Gómez Noya

Fuente FEGATRI

O Club Triatlón Ferrol, co patrocinio do Concello de Ferrol e a Federación galega de tríatlon, organiza este sábado o Tríatlon de Menores Concello de Ferrol e o Ácuatlon de Menores do circuíto das Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya.

Ao longo da xornada, que comeza ás 15:00 horas no porto de Curuxeiras co ácuatlon de promoción do deporte prebenxamín, participarán 212 triatletas. Desde as 15:30 horas daranse as saídas benxamíns, alevíns, infantís e inclusiva, nas que se decidirán os títulos do campionato Xunta de Galicia de menores. Carla Santoro será a participante que, xunto á súa guía, compita na proba como triatleta con discapacidade visual. A xornada rematará con probas cadetes e, por primeira vez en Ferrol, coas remudas mixtas nas que catro integrantes -dous alevíns e dous infantís de categorías feminina e masculina- completan cadanseu tríatlon.

No evento a Escola Javi Gómez Noya do Triatlón Ferrol sumará 29 canteiráns.

Como colaboradores principais para o desenvolvemento da proba cóntase coa Fundación Pho3nix, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Policía Local, Policía Portuaria, Bombeiros, Protección Civil e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …