O concerto “The very best of Dire Straits” e o espectáculo “Titiricircus” centran a programación da fin de semana no Pazo da Cultura de Narón

“Titiricircus”

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos: un concerto de música rock, “The very best os Dire Straits”, a cargo de Brothers in Band, o sábado, e unha sesión de circo para público familiar e infantil, “Titiricircus”, na tarde do domingo. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

A primeira das propostas, “The very best of Dire Straits”, repasa o máis destacado da banda británica nun show de altísimo nivel no que interpretarán boa parte do legado musical da banda de Mark Knopfler, con temas como Down to the Waterline; Money for nothing; Sultans of Swing… durante unhas dúas horas.

Está recoñecido como o maior espectáculo internacional en homenaxe a Dire Straits. As entradas teñen un prezo de 32 euros, tanto no patio de butacas como nos dous anfiteatros. O concerto dará comezo ás 20:30 horas.

O domingo, ás 18:00 horas comezará no Pazo o espectáculo “Titiricircus”, unha lembranza do gran circo de carpa alta e bicolor que lembran dous vellos traballadores do mesmo con marionetas de fíos. É unha proposta moi participativa co público, na que se poderán ver os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …