Xurxo Lobato presenta en Narón “Rostros da memoria. Ferrol 1972”

A presentación, que terá lugar este mércores día 3 no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, esta aberto á asistencia da cidadanía en xeral, ata completar o aforo; Dará comezo ás 19:00 horas e contará coa presencia da da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, do autor do libro  e estará tamén presente a presidenta da Asociación Fuco Buxán, Susana Alaniz, e outros representantes desta entidade.

Lobato conversará no transcurso do acto sobre o libro, protagonizado por trinta persoas fotografiadas en branco e negro, que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras de Ferrol de 1972.

A presentación acompañarase dunha proxección en imaxes da obra, que sucede a “Rostros da memoria”, tamén de Lobato e editado no ano 2007

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …