Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón programada no pavillón Campo da Serra.

O Concello colabora neste evento, organizado coa Selección Española de Carniceiros, representada polo seleccionador nacional Bruno Casal, e Cedecarne, tal e como recordou a edil de Benestar Social, María Lorenzo.

A concelleira naronesa explicou que xa se venderon case 200 tickets e que o propio sábado, día do evento, se porán á venda os últimos 50 para aquelas persoas que non puideron adquirilos nos establecementos colaboradores.

Poderanse comprar, a un prezo de 22 euros para o menú de adultos e 10 para os nenos, bebidas a parte, a base de elaboracións con carnes variadas, a partir das 11:00 e ata as 11:30 horas no propio pavillón de Campo da Serra. O evento dará comezo ás 12:00 horas, momento no que se abrirá o recinto ao público, e a comida será ás 15:00 horas.

A carnicería Bruno e Ternera Gallega, entre outras empresas, colaboran nesta iniciativa, pioneira en España, segundo a organización, cun posto de oito metros de lonxitude para amosar diferentes variedades de carne. A maiores, haberá actividades infantís de 12:30 a 14:30 e tamén pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, así como un monologuista dinamizando a convocatoria. A cita estará amenizada pola orquestra Panamá.

A edil naronesa animou á cidadanía que poida colaborar a acudir a este evento “para poder axudar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, que atende a numerosas familias vulnerables da nosa cidade”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …