I Bandeira de Bateis e XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón reúnen a máis de 500 deportistas

O Concello naronés colabora co Club de Remo Narón na organización da I Bandeira de Bateis e o XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón, que se disputará este xoves 28, na enseada da Gándara, a partir das 16.30 horas.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Ignacio Cabana, directivo do Club de Remo Narón.

Cabana avanzou que participarán no evento máis dun centenar de bateis e algo máis de medio milleiro de deportistas procedentes de clubs de diferentes concellos galegos. A maiores do anfitrión, o Club de Remo Narón, competirán neste trofeo, no que tamén participarán clubs procedentes de Ferrol, Mugardos, Muros, Celeiro, A Pobra, Ribeira, Cabo de Cruz e Rianxo, entre outros.

Disputaranse as categorías serán de alevíns, que percorrerán 500 metros, as de infantís 1.000, cadetes 1.500 e xuvenís e sénior masculino e feminino 3.000. Cabana agradeceu o respaldo do Concello de Narón a este evento deportivo.

Pola súa banda, o edil de Deportes de Narón destacou o traballo que realiza ao longo de cada tempada o Club de Remo Narón e desexou aos seus deportistas moita sorte neste trofeo, animando á cidadanía a acudir a animar a esta convocatoria, que o ano pasado se cancelou por mor do mal tempo.

Lea también

Este sábado 15 ‘arranca’ la Fiesta del motor de As Pontes con el Rallyshow como plato fuerte

Stig Blomqvist, Miki Biasion, Petter Solberg y Luis Moya, cuatro campeones del mundo de rallyes, …