O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que «os orzamentos municipais para o ano 2024 presentados esta mañá polo goberno local aumentan de xeito exponencial a carga impositiva aos veciños da cidade que terán que facer fronte a un novo incremento da taxa de saneamento».
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «Rey Varela pretende a través desta proposta de orzamentos dar continuidade á estafa da taxa de depuración iniciada por el hai case 10 anos facendo que recaia sobre a veciñanza de Ferrol a responsabilidade de asumir economicamente ás decisións que desde o 2014 se teñen adoptado nesta cidade respecto da EDAR, volvendo a antepoñer os intereses de Emafesa aos dos veciños de Ferrol».
«O borrador de ozamento municipal presentado recolle un incremento nos ingresos da taxa de depuración de máis de 700.000 € con respecto aos orzamentos do ano 2023 aprobados hai tan só 7 meses».
Iván Rivas censurou «a volta da política económica que fai recaer sobre a veciñanza a responsabilidade da deficiente xestión dos servizos municipais por parte das concesionarias privadas».
«Nesta proposta de orzamentos o PP rescata a taxa de depuración que impuxo en 2014 para incrementar a súa recadación nun 20% e encher así as arcas e Emafesa sen q por parte da empresa se teña dado cumprimento ao pactado en 2014 como as obras do saneamento no rural.»
O BNG xa advertiu co anterior goberno do PP do «insostible do modelo de xestión do saneamneto que o PP impuxo a través do conbenio con Acuaes». «Insustentabilidade medioambiental e insustentabilidade económica. Agora o Pp no canto de rectificar incide nas mesmas recetas q nos teñen traído até aquí. Non exixir responsabilidades nin a Xunta nin ao Estado e cargar os custes sobre as costas dos veciños unha vez máis».