A Carpa informativa da campaña “Ti tes a chave” segue activa en Narón

A carpa informativa sobre a campaña de biorresiduos en Narón a través da que se continúan desenvolvendo accións de rúa estará de novo a vindeira semana operativa. En concreto, tal e como avanzou o edil de Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos, ubicarase o luns 25 nas inmediacións do novo centro de saúde, entre as 10:30 e as 13:30 horas e ese mesmo día pola tarde, de 15:30 a 18:30 horas no parque do Río Freixeiro.

A carpa está atendida por dúas persoas, debidamente identificadas, que atenden á veciñanza, explicándolles en que consiste a campaña “Ti tes a chave” e tamén ofrecendo a posibilidade de que se sumen á mesma.

Aquelas persoas que desexen utilizar estes colectores de residuos orgánicos deben inscribirse previamente a través dun código QR que se poderá escanear das redes sociais do Concello ou do formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf8mEIf1eWInT4EmbXdfUJZkcYZZYH440Cr3Pu_XAyrsoatlw/viewform?pli=1.

As primeiras 500 recibirán un kit de benvida, que inclúe a tarxeta para abrir os contenedores, un cubo de uso doméstico de dez litros de capacidade e varias bolsas compostables e os grandes produtores e hostaleiros recibirán un lote de bolsas de 120 litros de capacidade.

En total instaláronse medio cento de colectores nos barrios de Xuvia, O Alto, Freixeiro, A Gándara e A Solaina, coincidindo coas zonas de maior densidade de poboación e mesmo de locais de hostalería e zonas comerciais.

Para obter máis información sobre a campaña e os seus requisitos pódese chamar ao número de teléfono 981 397 007 en horario de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo electrónico á dirección: servizosbasicos@naron.gal

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …