Narón impulsa o programa xuvenil “Quedamos?”

O programa municipal “Quedamos?” comezará o vindeiro luns 25, na Casa da Mocidade. Así o recordou o edil responsable da área do concello de Narón, Ibán Santalla, que informou que os mozos de entre 12 e 16 anos poderán participar en diferentes actividades programadas para as tardes da Semana Santa, entre as 17:30 e as 20:30 horas.

Trátase dunha proposta de balde e que non precisa inscrición previa, tal e como recordou o edil naronés. Na xornada do luns 25 levarase a cabo o obradoiro “Conecta”, coa presentación dos espazos habilitados nas instalacións para a zona gamer, un espazo creativo e xogos de mesa e recreativos.

Estes espazos estarán operativos durante a duración deste programa. O martes 26 haberá un obradoiro de personalización de roupa textil e un campionato de Mario Kart e na xornada do mércores 27 programouse un escape room e un campionato de tenis de mesa.

O día 30 de marzo retomarase a actividade, cun obradoiro de rotulación e un campionato de dardos, e na última xornada, o 1 de abril, terá lugar un obradoiro afectivo sexual e un campionato de futbolín.

As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111) ou escribir un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal. O proxecto está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, a través do programa Plan Correponsables no ámbito local.

Lea también

Contacontos no CPR Santiago Apóstol de Narón

A escritora e mestra, Paula Merlán, visitou na xornada deste xoves aos alumnos e alumnas …