Narón acolle os “Campionatos galegos de voleibol”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou xunto coa presidenta do club Narón Volea, Eva Romero, os “Campionatos galegos de voley” que se celebran este sábado 23 no pavillón municipal da Gándara e no do colexio da Solaina.

O evento deportivo comeza ás 9:00 horas e o remate está previsto sobre as 21:00.

O campionato autonómico reunuirá a uns 400 deportistas procedentes dunha vintena de clubs de voleibol de Galicia, disputándose os partidos nas categorías benxamín feminino e masculino, prebenxamín e a Copa alevín, masculina e feminina. Trátase, como indicou Eva Romero, dunha fase puntuable, concretamente a terceira, para o Campionato galego prebenxamín e benxamín e a Copa galega alevín.

A competición, ao igual que en anteriores convocatorias, terá unha primeira fase de grupos, para que a continuación os mellor clasificados de cada unha delas xoguen as eliminatorias.

A presidenta do Club Narón Volea destacou a importancia de que a cidade acolla novamente un campionato autómico e destacou o apoio do Concello de Narón para poder organizalo, así como o da Federación Galega de Voleibol.

Pola súa banda, o edil de Deportes da cidade felicitou ao club local polo traballo que realiza e pola súa traxectoria deportiva. Santalla animou ós veciños a acudir aos pavillóns da Gándara e da Solaina a animar aos equipos participantes, desexando moita sorte aos equipos do Narón Volea neste campionato

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …