Se licita en Cedeira a reforma do escolar da Corredoira

A actuación habilitará o inmoble como albergue para grupos e tamén para usos da veciñanza de Santalla. O Concello de Cedeira publicou na Plataforma de Contratación do Sector Público o expediente e na parroquia de Santalla, cun orzamento de 144.901,04€ (IVE incluído).

No verán de 2020 o pleno da corporación acordou a recuperación do uso deste inmoble de titularidade municipal, cuxa disposición estaba cedida desde 2013 á Organización Juvenil Española (OJE). Trátase dunha antiga escola unitaria construída no ano 1962 e na que se executaron importantes obras de ampliación entre os anos 1995 y 2003.

O escolar de Corredoira, que ocupa unha parcela de 821 metros cadrados ao pé da estrada provincial DP-2204 e con 348 construídos, presenta problemas de humidade, eivas no pavimento e outros problemas derivados da falta de mantemento. As obras abranguen a rehabilitación da cuberta e as fachadas do inmoble, así como a reforma dos vestiarios. Mellorará a accesibilidade e o illamento do edificio, cuxos usos son docentes.

A intención do goberno municipal, segundo explica o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, es darlle uso ao edificio como albergue, para facilitar a chegada de grupos de asociacións, xente moza principalmente, que veña a visitar a localidade, facer a ruta a Santo André ou que se achegue para coñecer o Xeoparque Cabo Ortegal.

O rexedor comentou que o inmoble reforzará os recursos turísticos de Cedeira de cara a acoller grupos e garantiu que tamén a veciñanza de Cervo poderá aproveitar este espazo con tantas posibilidades.

A actuación terá un prazo de execución de seis meses e o Concello de Cedeira as vai acometer con cargo aos fondos do POS+Adicional 2/2023 da Deputación da Coruña.

A licitación sae polo procedemento aberto simplificado e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 9 de abril.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …