Ares celebra o Día Mundial do Teatro coa actuación de Tarabela Creativa ‘Boa sorte, mala fama’

A concellaría de Cultura do concello de Ares vén de desvelar a programación que se promove no municipio polo Día Mundial do Teatro 2024.

O martes 26 de marzo, o Centro Instrutivo de Cervás (CIRS) de Ares acollerá ás 20 horas o espectáculo ‘Boa sorte, mala fama’, de Tarabela Creativa, coordinado coa Deputación da Coruña e con autoría de Carmen Conde na composición teatral.

Alma Barrón, concelleira de Cultura, salientou que a actuación “ten unha materia prima particular: é unha peza de teatro sobre a emigración galega que empregou, en gran parte, narracións orais de Ares. Foron algúns aresáns os que lles contaron as súas experiencias migratorias que logo inspiraron este espectáculo”.

Ademais, o feito de que se realice no CIRS de Cervás non é causal: tamén é un espazo directamente relacionado coa emigración e que se atopa na celebración do seu centenario. Cen anos de historia que resaltan a fonda pegada dos galegos que marcharon na procura dunha mellor sorte e, coma se di no espectáculo interpretado por Tarabela Creativa, que remataron transformados en anduriñas: estando en cada continente, construíndo colonias, tendo o camiño de volta a casa sempre na cabeza.

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …