Este sábado 23 de Marzo, o club de Taekwondo e Kickboxing, Club Kang, asistiu o campionato galego cadete de Taekwondo. A deportista do Club Kang, Paula Seijas despois de proclamarse campiona galega promesas hai 15 días, o sábado 23 proclamouse campiona galega cadete de combate de taekwondo
Con tan só un ano de circuito galego, cun cinturón verde, sen ir ao campionato de España de Clubes e sen un torneo no extranxeiro.
O Club Kang, con sedes en Fene e en Betanzos, na sua faceta deportiva expresa que «todo o mundo ten cabida, sen importar as condicions económicas de cada un, pois no precisa de grandes gastos en viaxes, equipamento, nin abonar numerosas inscripcions. Tan só adestrar, adestrar e adestrar».
A política do Club Kang faise cargo de aportar as proteccions necesarias, cubrir os gastos de inscripcions e incluso os desprazamentos, facendo que calquer rapaz poida optar coas mesmas condicions a ser alguén na competición.
«Agora lle desexamos que o seu camiño deportivo lle leve ó máis arriba e disfrute. No camiño tendremos algún obstaculo, pero traballaremos para superalos e sobre todo que nos axude co resto de compañeirosque teñen ilusión pola faceta máis deportiva» expresa o club
«¡Club Kang, cultura do esforzo!»