Pazo de Mariñán, capital do Dereito Administrativo Iberoamericano

Expertos en Dereito administrativo de máis de vinte universidades de España, Portugal,  Arxentina, Brasil, Uruguay, Ecuador,  Colombia, Perú, México, Chile e Venezuela participan durante esta semana no Pazo de Mariñán (Bergondo) na decimoquinta edición das Xornadas Profesor Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e director das xornadas, Jaime Rodríguez-Arana, inauguraron neste luns 18 este importante congreso internacional, que reúne a algúns dos principais expertos académicos en Dereito Administrativo dos países de Iberoamérica e que nesta edición se celebra baixo o título “Convencionalidad, constitucionalidad, legalidad y administración pública”.

Formoso destacou destacou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a UDC para “converter, un ano máis, á provincia da Coruña na capital do Dereito Administrativo do mundo hispano”. “Desde hai quince anos, a Deputación e a UDC colaboran na organización deste encontro internacional que permite compartir experiencias, coñecementos e boas prácticas en Dereito Administrativo de ambos lados do Atlántico”, afirmou o presidente provincial,

Tambien incidiu nos “estreitos lazos que nos unen desde hai séculos, tamén no mundo do Dereito” e na importancia que a emigración galega nos países de Latinoamérica tivo no desenvolvemento de Galicia, con iniciativas como a construcción de escolas que permitiron o acceso á educación a moitas xeracións de galegos.

Tanto Formoso como Rodríguez-Arana tiveron unha lembranza para José Luís Meilán Gil, impulsor destas xornadas hai xa máis de tres lustros, que agora levan o seu nome como homenaxe.

Ata o vindeiro venres, os e as participantes no congreso abordarán cuestións relacionadas coa Rede Iberoamericana de Contratación Pública, os tratados internacionais de dereitos humanos, o marco constitucional do dereito administrativo, a tutela xudicial efectiva, o dereito ambiental ou dereito administrativo social.

Lea también

Porta Máxica regresa este fin de semana para convertir Ferrol en la capital del ilusionismo

El Festival Porta Máxica celebrará este fin de semana su quinta edición con una programación …