A Asociación de loita contra a violencia de Xénero “Alvixe” fará entrega do seu Galardón 8M a Dolores Cervera, “Lili”, polo seu traballo no CIM, Centro de Información Á Muller de Ferrol, no que se volcou na asistencia, atención e acompañamento a mulleres especialmente vulnerables.
O acto terá lugar en Ferrol o mércores 20 de marzo, ás 19:00 horas, no Ateneo Ferrolán, xunto coa “Charla Coloquio: Deportistas en femenino”.
“Lili” ten sido unha das “nais” do CIM, do que foi directora. Tamén foi psicóloga na Casa de Acollida de Ferrol. Participou, de xeito desinteresado, en multitude de foros, xornadas, talleres, mesas de coordinación e plans de igualdade, sempre ao servizo da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
Dolores Cervera tamén foi un dos apoios clave no nacemento de Alvixe, cando se iniciaron na Casa da Muller as terapias de “Conversas”, nas que mulleres víctimas de violencia de xénero poñían en común as súas experiencias, como foro de axuda colectivo.
Pero se algo destaca na súa traxectoria profesional é o seu apoio incansable a todas as mulleres que acudían aos servizos públicos, sempre respondendo cunha sonrisa e a máxima sororidade e empatía.
Por todo elo, agora que se atopa disfrutando dunha merecida xubilación, desde Alvixe cremos que é o momento de mostrarlle todo o noso afecto e reconeñecemento otorgándolle este Galardón 8 M.
CHARLA COLOQUIO: DEPORTE EN FEMININO
En coincidencia co acto, tamén se desenvolverá a Charla coloquio “Deportistas en Feminino”, que contará coa presenza de 4 mulleres pioneiras e destacadas do deporte galego.
Participarán Nuria Rodríguez, primeira presidenta da Federación Galega de Salvamento; Pili Neira; pioneira de fútbol femenino, ex futbolista e entrenadora de fútbol, comprometida coas causas sociais; Yaiza Souto, campioa mundial e intercontinental de kickboxing e María José Dans, adestradora de equipo senior masculino de balonmán, xogadora internacional e árbitra de balonmán.
Dende Alvixe convidan a asistir a un acto no que se poñerá en valor tanto a figura e o traballo de Dolores Cervera como o das mulleres implicadas dun xeito decidido no deporte en femenino.