Un centenar de asistentes na Cea das Mulleres organizada polo Concello de Narón con motivo do 8M

O recoñecemento como muller do Ano de Narón, nesta ocasión recaeu en Bárbara Grandal de Rosende, secretaria dende hai case dúas décadas da Sociedade Deportiva O Val.

Un centenar de mulleres acudiron este venres á tradicional Cea das Mulleres organizada polo Concello de Narón con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O restaurante Casa Becerra acolleu a convocatoria a partir das 21:30 horas, na que ademais da alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, María Lorenzo, estiveron presentes outras edís da corporación local naronesa.

A Cea das Mulleres organízase tamén para homenaxear publicamente á Muller do Ano de Narón, un recoñecemento que nesta ocasión recaeu en Bárbara Grandal de Rosende, secretaria dende hai case dúas décadas da Sociedade Deportiva O Val.

Acompañárona familiares e amizades nesta cea na que se proxectou un vídeo no que algúns deles felicitaron á homenaxeada e valoraron a concesión desta distinción por se rmoi merecida. Nesa mesma liña se pronunciou a rexedora local, Marián Ferreiro, que novamente felicitou a Bárbara, por ser todo un exemplo e un referente na súa vida profesional e persoal, tal e como tamén aseguraron os seus familiares e amizades.

Bárbara Grandal agradeceu as palabras que lle adicaron no acto e tamén a concesión deste recoñecemento, acordado por unanimidade da corporación local naronesa. No transcurso do acto recibiu como agasallo un ramo de flores, antes de desfrutar da Cea das Mulleres co resto de asistentes e da sesión musical posterior.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …