O Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal participa no Nature Watch de Santander

Os días 14 ,15 e 16 de marzo celebráronse no Palacio da Magdalena de Santander as xornadas sobre conservación e ecoturismo do evento Nature Watch, que suma xa 7 edicións en distintas localizacións en España, e a cal acudiu por primeira vez unha representación do Cabo Ortegal, xa como Xeoparque Mundial da UNESCO.

O obxetivo destes foros especializados é profundizar sobre o turismo de natureza e de observación, contribuíndo así a xerar emprego vinculado ás zonas rurais conseguindo así un crecemento económico sostible a través de actividades respetuosas co medio.

O Xeoparque Cabo Ortegal participou no día de onte no bloque “Geoturismo: la interpretación de la geodiversidad en el ámbito de los Geoparques UNESCO” xunto o proxecto aspirante a xeoparque de Costa Quebrada e o Geoparkea-Costa Vasca.

Nesta séptima edición do evento Nature Wach, o Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal foi convidado a participar no bloque correspondente ó xeoturismo e a interpretación da xeodiversidade no ámbito dos xeoparques mundiais da UNESCO, además de formar parte posteriormente dunha mesa redonda, moderada por Ricardo Blanco (Secretaría de Estado de Turismo) na que participaron tamén representantes de Geoparkea-Costa Vasca e Costa Quebrada.

O segundo día deste foro estivo destinado á coñecer o territorio, cunha saída interpretada en barco pola Bahía de Santander, visitando espazos de interese como o Geoparque Aspirante Costa Quebrada e os Espacios Red Natura 2000, ademais dunha ruta a pé polo frente marítimo, interpretada por guías de ecoturismo locais. Xa pola tarde, a xornada estivo orientada ó “Ecoturismo en Santander e Cantabria: empresas e experiencias”, cunha tertulia posterior sobre natureza e cine. Para finalizar o foro, o sábado 16 está prevista unha ruta guiada polo Norte Litoral de Santander e o acto de clausura no Palacio de la Magdelena.

Ademais da participación de Pablo Moreda, presidente da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, formou parte deste foro Antonio Sandoval, membro do Comité Científico, escritor, ornitólogo e especialista en educación, interpretación ambiental e turismo ornitolóxico e de natureza.

Antonio Sandoval ten unha longa traxectoria neste aspecto, vinculado co territorio dende fai décadas no estudo e difusión das migracións de aves mariñas.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …