A Biblioteca municipal de Narón acolle a exposición “Anacos”

A planta soto da Biblioteca municipal de Narón acolle ata o vindeiro 6 de abril a exposición “Anacos”, unha colección de fotografías de Fernando González Pérez.

A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, visitou a mostra, destacando o traballo do autor das imaxes, un apaixoado da fotografía cunha dilatada e exitosa traxectoria, que conta con numerosos recoñecementos. A exposición consta de 25 fotos impresas en diferentes tamaños nas que se poden ver miradas persoais do autor de diferentes espazos naturais.

González Pérez é membro do Club de Fotografía Ferrolterra, onde comparte a súa paixón con outros entusiastas. Nado na estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González realizou numerosos cursos, tutoriais e estudou de xeito particular libros de fotografía co obxectivo de perfeccionar a súa arte.

No ano 2023 obtivo o primeiro premio nun certame de fotografía convocado polo Concello da Capela e no “Primeiro memorial de fotografía de Carlos Caraglia” compartiu recoñecemento con renomeados fotógrafos internacionais. A mostra pode visitarse de luns a venres entre as 17:00 e as 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …