Máis de douscentos bailaríns participan no XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene

Volve unha das probas de baile deportivo máis importantes e consolidadas da tempada. O XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene celebrarase este domingo 17 no pavillón de San Valentín co aliciente de ser a primeira proba puntuable do ranking nacional en Galicia.

A competición iniciarase ás dez da mañá e desenvolverase durante toda a xornada, contando con 4 especialidades recoñecidas pola Federación: Standard/Latino, Single, Caribeños e Danza Coreográfica.

Un total de 220 bailaríns tomarán parte na proba á que asistirán 5 xuices nacionais e internacionais.

Desde a Concellería de Deportes de Fene anímase á cidadanía a asistir este domingo ao Trofeo de Baile Deportiva xa que, durante toda a xornada, poderase gozar do espectáculo que ofrecerán os deportistas na pista.

Lea también

Esmelle será la capital del BTT en este fin de semana

Triple cita de BTT en Esmelle en estos próximos días, con la XI Mini BTT, …