O contacontos ‘Kalopsia’ achega a Unión Europa ao público infantil

O contacontos Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince puntos da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea ós nenos.

Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse nos concellos de Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.

Coñece Europa con Kalopsia é un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen.

A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.

Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas.  A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.

Para máis detalles sobre a asistencia é preciso contactar cos concellos. Tamén hai información xeral na páxina web https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/conoce-europa-con-kalopsia-cuentacuentos/

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …