Cabanas recibe unha subvención para o posto de técnico en animación sociocultural

O Concello de Cabanas resultou beneficiado, un ano máis, dunha subvención convocada por parte da Deputación Provincial da Coruña, concretamente, da subvención correspondente ao programa FO206/2024, de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.

Unha vez publicada a resolución pola que se aproba a concesión definitiva do dito programa (no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 37 do día 21 de febreiro de 2024), o Concello de Cabanas recibirá unha subvención por importe de 10.000,00 € para o mantemento de posto de traballo da técnica municipal en animación sociocultural (modalidade A).

Lea también

Neda abre o prazo para inscribirse no festival de comparsas, arranque do Entroido 2026

En marcha os preparativos do Entroido de Neda. O Concello vén de publicar as bases …