A alcaldesa de Narón recibiu ao equipo G4Z4F4NT4SM4S que participa na final nacional da First Lego League

A alcaldesa Marián Ferreiro, recibiu na tarde do martes 12 no Concello de Narón aos integrantes do equipo multidisciplinar Gazapo, de Narón, que gañaron recentemente a First Lego League Galicia.

Ferreiro estivo acompañada na recepción polo edil de Deportes e Mocidade, Ibán Santalla, e felicitou novamente ao equipo G4Z4F4NT4SM4S, integrado por menores de Narón e outros concellos da comarca de entre 12 e 16 anos.

Os premiados participaron na décima edición desta convocatoria, que tivo lugar o pasado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol, e esta mesma fin de semana, concretamente o sábado, representarán a Galicia na final nacional, que se celebrará no edificio do Paraninfo e na Facultade de Dereito da Universidade de Alacante.

Cara alí partirán este mesmo venres, confiando no traballo realizado en equipo e coa máxima ilusión para poder alzarse co premio, tal e como recoñeceron. O equipo da escola multidisciplinar Gazapo acadou o premio Ingeniería Soy ao Gañador.

Os menores trouxeron o robot que realizaron e explicaron á alcaldesa e ao edil naronés o funcionamento do mesmo e contaron a súa experiencia no certame celebrado en Ferrol. A maiores, explicaron tamén a súa iniciativa Fotidiano, impulsada polo citado equipo e que ten entre os seus obxectivos impulsar que as persoas descubran a beleza da súa vida cotiá a través da fotografía.

As persoas interesadas en coñecer esta proposta poden seguir a conta fotidiano.fll (en Instagram) e incluso participar enviando imaxes sobre temas que propoñen cada semana. A iniciativa desenvolverase durante catro meses, tal e como indicaron.

Ferreiro e Santalla felicitaron ao equipo polo traballo realizado e tamén polas novas iniciativas que están desenvolvendo e animáronos a continuar na mesma liña. Tras entregarlles uns agasallos institucionais desexáronlles tamén moita sorte na final nacional e aseguraron que estarán moi pendientes do seu resultado, animándoos a que desfrutaran ao máximo desta nova experiencia.

Lea también

Los jugadores del Racing Club Ferrol visitan en Narón al CEIP de Piñeiros

Con nervios, ilusión y, sobre todo, muchísimo cariño han recibido en la mañana de este viernes …