María del Mar Tomás fala en Fene sobre a resistencia aos antibióticos no ciclo Contando Ciencia

Falará este xoves, 14 de marzo, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Entrada libre e de balde até completar o aforo.

Innovación para vencer a resistencia antimicrobiana, é o tema da penúltima sesión do ciclo Contando Ciencia, que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A convidada nesta ocasión é a doutora en Medicina María del Mar Tomás Carmona

Grao en medicina, Máster e doutora pola universidade de Granada, María del Mar Tomás Carmona é especialista en microbioloxía no CHUAC e é tamén investigadora no INIBIC-SERGAS Investiga a relación entre a resistencia e os mecanismos virulentos de varios patóxenos. Ademais é a coordinadora da unidade de diagnoses xenómica de clínica de microbioloxía do CHUAC.

Trala conferecia deste xoves, a derradeira cita de Contando Ciencia por este curso será o xoves 25 de abril e o protagonista será o informático e autor de Microsiervos, Javier Pedreira, “Wicho”, que falará sobre a Os valores da casa para andar pola rede.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …