O “IX Festival internacional do monólogo teatral Singular” continúa esta fin de semana en Narón

O Festival continúa no Pazo da Cultura coa representación de tres obras: “Miss Docet”,“Yo soy Fedra” e “Maruxiña”.

“Yo soy Fedra”, de Teatro La Morena

A actriz Iria Pinheiro será a protagonista da sesión deste venres, día 15, ás 20:30 horas, cunha peza de teatro documental titulada “Miss Docet”, de Compañía Eléctrica. A muller coñecida como Miss España galeguista, Emilia Docet, é a protagonista deste novo proxecto teatral de Pinheiro, recuperando dende a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e pasos desaparezan da nosa memoria.

O sábado subirase ao escenario do Pazo a actriz Noelia Campo, para interpretar “Yo soy Fedra”, de Teatro La Morena. Fedra manipula e elabora estratexias de supervivencia escénica e as persoas irán decidindo se apoiala ou non. Entrar no dormitorio de Fedra é unha experiencia de teatro inmersivo. A representación dará comezo ás 20:00 horas.

Na xornada do domingo será o turno do público familiar e infantil, neste caso ás 18:00 horas no Café Teatro do Pazo, onde se poderá ver “Maruxiña”. Aurora Artes Escénicas trae a Narón esta peza, inspirada no conto clásico de Polgariña, de Andersen. Trátase dun espectáculo multidisciplinar con música en directo no que a protagonista, Laura Sarasola, investiga o mundo que a rodea dende que nace nunha hortensia dunha maceta da señora Lola.

As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

El Papa recibe a una delegación del Seminario Interdiocesano de Santiago y les anima a «seguir con fortaleza»

El Papa ha recibido en audiencia en el Vaticano a los formadores y seminaristas del …