A Deputación da Coruña financia o acondicionamento do polígono industrial da Gándara-Narón

O Plan Único da Deputación da Coruña financia con 191.149 euros obras de reparación e acondicionamento de beirarrúas e aparcamentos na a avenida Castelao, rúa Otero Pedrayo e avenida do Mar, no polígono industrial da Gándara, no termo municipal de Narón.

As obras están en fase de licitación pública polo Concello de Narón e as empresas interesadas poden realizar as súas ofertas ata o vindeiro día 15 de marzo.

As obras afectarán ao tramo inicial da avenida Castelao, desde a rotonda de acceso ao centro comercial (232 m), que carece de aparcamento e que o que hai actualmente está deteriorado. No que respecta á avenida do Mar (no tramo comprendido entre as rúas Av. Castelao e Pavillón, atópase moi deteriorado e necesita dunha reforma integral. A terceira actuación é o aparcadoiro da rúa Otero Pedrayo, que precisa da reforma do pavimento ao ser o aglomerado inicial do polígono.

As obras proxectan a ordenación dos aparcamentos, accesos a industrias e comercios, mellora da seguridade e accesibilidade dos usuarios, e adaptación de pluviais, ou a reposición do alumeado. Para iso adaptaranse as seccións dos sistemas viarios de xeito que se aproveite mellor o espazo e favoreza a seguridade, deseñando unha sección para Av. Castelao de calzada de carril 3,45 m, aparcamento en liña de 2,75 metros e unha beirarrúa de 3 metros; para a Av. do Mar a sección será: 3,40 metros de carril, 4,50 metros para estacionamento en batería, e 3 metros para beirarrúa.

As obras regularizarán, polo tanto, as cotas e pendentes novas en terreo, con achega de saburras e mellora da plataforma, coa colocación de bordo de formigón tipo estrada, xerando raquetas de protección en pasos de peóns.

En canto ao pavimento dos novos aparcamentos laterais, realizarase mediante capa de aglomerado en quente no aparcamento de Otero Pedrayo; e as beirarrúas con soleira de formigón en accesos rodados e incluíndo a sinalización con baldosa para os pasos de peóns.

A actuación inclúe a execución dun paso de peóns elevado, executado con aglomerado en quente, segundo deseño normativo. Ademais, adaptaranse e sinalizaranse os pasos de peóns xa existentes.  Rematarase coa sinalización horizontal e vertical na zona.

O prazo de execución das obras será de catro meses desde a formalización do contrato.

Lea también

La Xunta licita obras de mejoras en carreteras de Narón, As Pontes, As Somozas y San Sadurniño

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitó este lunes por importe de 2.017.639 …