Curso gratuito en Cedeira para a preparación do Celga

O Concello de Cedeira organiza, a través da concellería de Promoción Económica e Emprego, un curso de galego de preparación das probas do Celga. O programa é de balde e vaise impartir nas tardes dos venres, de 17.00 a 20.00h a partir do vindeiro 5 de abril, na sala multiusos do Pavillón Polideportivo.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición, dándolle prioridade as persoas empadroadas no municipio.

Poden inscribirse as persoas maiores de 16 anos, enviando un mail a noel.lopez@cedeira.gal, o ben enviando un whatsapp ao número 697 479 710 ou presencialmente no mesmo Concello de Cedeira.

Lea también

Neda activa la merienda de Navidad de la tercera edad

El Ayuntamiento de Neda inicia los preparativos para su programación especial de Navidad. Desde el …