Venres 8 de marzo de 2024
Actividade: “Marcho que teño que marchar” Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura
A programación do “IX Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular” inclúe esta sesión de contos sobre os roles e as desigualdades de xénero, a cargo de Bea Campos. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Sábado 9 de marzo de 2024
Actividade: “III Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” Hora: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)
Unha trintena de postos de venda de antigüidades e artículos vintage daranse cita neste evento, organizado polo Concello e a Asociación Ferro Vello. A entrada é de balde.
Actividade: Contacontos “Contamos en igualdade” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal
A Biblioteca acollerá este contacontos infantil e familiar organizado con motivo dos actos programados polo Concello para conmemorar o 8M. Diríxese a menores a partir de 3 anos e require inscrición previa.
Actividade: Conferencia “La mujer y las altas capacidades” Hora: 11:30 Lugar: Auditorio municipal
A Asociación Áurega organiza, en colaboración co Concello de Narón, esta conferencia que impartirán dous representantes do Centro Ayalga, Luis Pérez e Félix Ruíz. No acto presentaranse os resultados do screening realizado o pasado mes de xaneiro no que participaron 60 mulleres e nenas.
Actividade: “Lunátika” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
A programación do “IX Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular” traerá a Narón este espectáculo protagonizado por Cristina Medina, sobre como escapar do control mental e vivir máis libres. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 10 de marzo de 2024
Actividade: “III Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” Hora: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)
Unha trintena de postos de venda de antigüidades e artículos vintage daranse cita neste evento, organizado polo Concello e a Asociación Ferro Vello. A entrada é de balde.
Actividade: “O Arquivo do Chivo” Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)
O público familiar e infantil ten unha cita co “IX Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular” a través desta fabulación libre sobre o conto clásico dos sete cabuxos e o lobo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.