Ramón «do Cabaleiro» recibe a visita do alcalde de Ortigueira polo seu 100 aniversario

O veciño de Espasante, Ortigueira, Ramón Martínez Yáñez (máis coñecido como Ramón do Cabaleiro), recibiu a visita do alcalde (mércores 6), Valentín Calvín, a concelleira de Saúde e Educación, Ana Cartelle, e a traballadora social do Concello polo seu 100º aniversario.

Os responsables políticos felicitaron a Ramón e fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa, xunto cun ramo de flores, por chegar a tan redonda cifra de idade.

Lea también

As Pontes destina 35.000€ en axudas para a adquisición de material escolar

O Concello das Pontes destina 35.000 euros á convocatoria de axudas para a adquisición de …