A Casa da Muller de Ferrol, terceiro edificio municipal con pictogramas

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, visitou a Casa da Muller para comprobar a instalación dos 22 pictogramas que Aspanaes está a instalar nestas dependencias municipais. “O pasado 30 de xaneiro comezamos a instalación de pictogramas na casa consistorial, seguiuse polo edificio social e agora tócalle á Casa da Muller”, expresou.

Rey Varela afirmou que “dentro da nosa apertura do Concello á cidadanía, non podemos esquecernos das persoas con capacidades diferentes facilitándolles o acceso físico e que poidan manexarse nas instalacións municipais”.

O rexedor agradeceu o traballo realizado por Aspanaes que fixo o estudo sobre as necesidades de apoios visuais, do que se extrae a necesidade de ubicalos en diversas ubicacións, polo que instalaron xa pictogramas na casa consistorial (45 pictogramas), edificio social (20) e agora na Casa da Muller (21).

A instalación seguirá pola casa solidaria (20), o pavillón de Esteiro (19), o polideportivo de Caranza (25), o centro cívico de Caranza (21), e o centro de emprego (24). “Queremos que as nosas instalacións sexan un espazo accesible cognitivamente con pictogramas que informan sobre os diferentes servizos”, sinalou o alcalde.

Está previsto que a instalación de pictogramas en todos estes edificios municipais esté finalizada o 30 de marzo.

Lea también

AXF lanza un nuevo alfabeto solidario en lengua de signos para fomentar la inclusión

La Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) pone en marcha una nueva iniciativa solidaria …