Os bombeiros do SPEIS de Narón celebran o seu patrón

Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento SPEIS de Narón celebrarán este venres 8 o patrón dos bombeiros, San Xoán de Deus, cun pasarrúas por algunhas das vías do centro da cidade.

Así o avanzou o concelleiro responsable da área, José Oreona, que explicou que sairán con algúns dos vehículos do parque do SPEIS do Río do Pozo sobre as 10:30 horas.

O percorrido marcouse para que poidan achegarse ata os centros de ensino da cidade, polo que estarán nas inmediacións dos do Feal, Virxe do Mar, Ayala, A Solaina, Santiago Apóstol, A Gándara, Domirón, Piñeiros, Jorge Juan e o Ponte de Xuvia.

Lea también

Ferreiro recibe ó atleta Pablo Vázquez, campión de Europa sub-18 da modalidade 2000m obstáculos

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibe no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán …