O Auditorio de Narón acolle a conferencia “La mujer y las altas capacidades”

A asociación Áurega organiza en colaboración co Concello de Narón a conferencia “La mujer y las altas capacidades”, que impartirán dous representantes do centro Ayalga, Luis Pérez e Féliz Ruíz.

A convocatoria, tal e como indicou a edil de Ensino, Olga Ameneiro, terá lugar este sábado 9, a partir das 11:30 horas no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia.

Durante a conferencia abordaranse os resultados do estudo realizado no screening no que participaron o pasado mes de xaneiro, os días 27 e 28, un total de 60 mulleres e nenas, tal e como indicaron dende o colectivo

Lea también

Ferreiro recibe ó atleta Pablo Vázquez, campión de Europa sub-18 da modalidade 2000m obstáculos

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibe no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán …