O BNG de Narón pide unha solución para os verquidos existentes na parroquia do Val

A través dun comunicado o BNG expresa que «o pasado mes de decembro o grupo municipal de Narón informou aos policías responsábeis do área de medio ambiente sobres uns verquidos no Val, concretamente nun regato que se atopa preto do antigo vertedoiro municipal e que vai até Pena Lopesa, rematando no mar». «Estes verquidos presentan unha preocupación para a veciñanza por estar preto do antigo vertedoiro do lixo do Concello de Narón»

No mesmo mes de decembro representantes do BNG de Narón informaron no Consello Territorial celebrado nesta parroquia do Val «sobre estes verquidos e os concelleiros do grupo de goberno alí presentes eran descoñecedores da situación, polo que ían dar traslado ao departamento de medio ambiente para buscar a procedencia dos mesmos e darlles unha solución a este problema»

«A día de hoxe, a única información recibida polo BNG é que se recolleu unha mostra dos verquidos e se está a analizar», polo que solicitan «información sobre a procedencia dos mesmos, o tipo de verquidos que son e a solución que se lle vai dar por parte do concello, despois do que consideran xa un tempo prudencial, van máis de dous meses desde o primeiro aviso»

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …