A Deputación organiza a Ruta BTT dos encoros

A Deputación da Coruña abriu o prazo para inscribirse na Marcha de BTT Ruta dos Encoros. A competición, organizada pola institución provincial, terá lugar o sábado 20 de abril, e conta cun percorrido de 62 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas.

A ruta ciclista discorrerá polos concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo, tomando como referencia os encoros do lago de Encrobas, Vilaselín e Beche. Trátase dunha ruta circular con saída e chegada no Campo do Roxo, no Concello de Cerceda..

As inscricións xa se poden formalizar a través da páxina web da Deputación da Coruña ata o vindeiro venres 5 de abril. A participación na proba é de balde e aceptaranse as 200 primeiras solicitudes, incluíndo 10 máis que se manterán nunha lista de garda. Cada persoa participante tan só poderá presentar unha solicitude.

O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, anima a participar nesta carreira, “que discorre por paraxes naturais dunha gran beleza natural como o lago de Encrobas, Vilaselín e Beche” e subliñou que “desde a Deputación da Coruña queremos fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida saudables a través da celebración deste tipo de competicións deportivas”.

Enlace para as inscricións: https://www.dacoruna.gal/deportes/marcha-btt-ruta-dos-encoros

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …