Ana Peleteiro, bronce no Campionato do Mundo Indoor

Un novo capítulo máis da historia do atletismo galego se escribiu o domingo 3 sobre a pista cuberta de Glasgow na celebración do Campionato do Mundo Indoor.

Foto FGA.  Ana Peleteiro bronce no Campionato do Mundo Indoor

Novamente Ana Peleteiro daba todo un recital de motivación, entrega e determinación no foso de triplo do Emirates Area para lograr un metal de bronce sobre o mesmo esciario que xa no ano 2019 a proclamaba campioa de Europa

Nun concurso sensacional, no que tres saltos estiveron por encima dos 14.50 m. (13.93/14.67/14.64/X/14.75/14.41) a de Ribeira foi quen de reivindicar a súa enorme calidade, consolidando o seu regreso a alta competición logo da súa maternidade e de paso, amosando credenciais de cara aos vindeiros Xogos Olímpicos como seria aspirante a prácticamente todo.

O concurso foi finalmente gañado pola atleta de Dominica Thea Lafond con 15.01 m. correspondendo a medalla de prata á representante cubana Layanis Pérez con 14.90 m.

Suma e segue

Con este novo metal, Peleteiro convírtese nunha das mulleres da historia do atletismo español con máis títulos a nivel internacional.  Os seus actuais 28 anos, son garante de futuros grandes éxitos se temos en conta que tanto a nivel mental como físico, se atopa no mellor da súa carreira deportiva.

Palmarés internacional máis destacado

  • Bronce no campionato do mundo Sub18 no 2011
  • Campioa do mundo Sub20 no 2012
  • Bronce no campionato de Europa Sub20 no 2013 e Absoluta no 2018
  • Prata no campionato de Europa Sub23 no 2017 e absoluto no 2021
  • Bronce no campionato do Mundo Indoor no 2018 e 2024
  • Campioa de europa absoluta indoor no 2019
  • Bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio-2021

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …