A EPEF de Ferrol organiza a III Olimpíada Robótica

Os centros educativos interesados en participar na III Olimpíada Robótica deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do venres 8 de marzo. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición

O alumnado participante na III Olimpíada Robótica usará os modelos mBot, mBot2 ou Ranger de MakeBlock.

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña, a súa III Olimpíada Robótica, un torneo dirixido a alumnado de ESO toda Galicia.

A cita terá lugar, o venres 12 de abril, de 09:30 a 14:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol e más no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil e Primaria de Esteiro.

Ao longo da xornada, o alumnado participante, dividido en equipos de entre tres e seis persoas, terá que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, o estudantado terá que empregar algoritmos similares aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro.

Acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga barrer todos os obxectos do taboleiro no menor tempo posible. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.

Máis información no correo electrónico m.rivas@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3120.

Formulario de Inscrición 

https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG3S4bKMmHopCvAq_sVCZQZpUQ1NFMzg3MjBTTFhNTjBKVU40S00wT0VRTS4u

Lea también

La nueva relación de puestos de trabajo en el Concello de Ferrol entrará en vigor el día 31

En el último día de este 2025 entrará en vigor la nueva relación de puestos …