O Chuf xa se alimenta con novas líneas eléctricas

Centro de transformación cadros liñas xa baleiro para demolición

O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUFxa se alimenta na súa totalidade coas novas liñas do subministro eléctrico dende os novos espazos no andar -2 do novo edificio sur, conforme ó previsto no Plan Director.

Isto é posible tras unha relevante acción do que se denomina retranqueo de liñas, que é ir desconectando e reconectando progresivamente as diferentes liñas do centro hospitalario pasándoas dende os cadros vellos ós cadros novos xa habilitados no citado novo edificio sur.

Traslado grupo electróxeno

O Servizo de Mantemento do CHUF aglutinou e coordinou o groso destas accións en xornadas concretas entre os meses de xaneiro e febreiro, aínda que xa veñen traballando nisto dende o pasado novembro, e, en moitos casos de madrugada para que interferira o máis mínimo na complexa actividade diaria dun centro hospitalario.

Así, o Complexo xa se está alimentando na súa totalidade do subministro eléctrico dende os cadros novos, liñas novas e centro de transformación na parte do edificio sur xa levantado no marco do Plan Director. Este chanzo é fundamental, xa que permite outra acción, a demolición do antigo centro de transformación e do espazo onde estaba o grupo electróxeno, que dá reserva e seguridade por se falla algo no funcionamento habitual de subministración. 

Esta semana trasladábase este grupo electróxeno tamén ó andar -2 do novo edificio, e o vello únese ó carón do novo grupo que se activaba co Plan Director no novo edificio.

A demolición destes dous espazos tralo traslado, antigo centro de transformación e espazo que albergaba o grupo electróxeno do Complexo, comenzaba esta mesma semana, e prolongarase durante o mes de marzo. Isto permitirá que sigan a crecer os novos módulos do edificio sur do Plan Director.

Estas accións concatenadas, retranqueo de liñas nos últimos mesestraslado de grupo electróxeno e inicio da demolición esta semana, dan conta do interrelacionadas que están as medidas para poder desenvolver unha obra deste calibre cun hospital en marcha, xa que unhas son moi necesarias para dar paso a outras.

Neste senso, destacar o traballo dos equipos técnicos do Servizo de Mantemento e das empresas implicadas con eles para facelo posible.

 

 

Lea también

El barrio ferrolano de Ultramar inicia los conciertos de Navidad

A AVV Ultramar comienza este fin de semana sus tradicionales conciertos de Navidad, en colaboración …