O Museo de Historia Natural presenta en Ferrol un libro sobre Frai Martín Sarmiento

O investigador e divulgador Rafael López Loureiro, autor do libro publicado por edicións Embora titulado «MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA«, presentará a súa obra no salón de actos do Museo de Historia Natural en Canido ás 19:00 h do vindeiro xoves día 7 de marzo.

Ao longo do acto, o autor estará acompañado polo delegado en Ferrol da SGHN, Xan Rodríguez Silvar, o escritor Antón Cortizas e o editor Miguel Toval.

Esta presentación forma parte das actividades que organiza o Museo de Historia Natural baixo o patrocinio  da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol. Dende a entidade indican que a asistencia é libre ata completar aforo.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …