Venres 1 de marzo de 2024
Actividade: Teatro “Poncia” Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura
A actriz Lolita Flores subirase ao escenario do Pazo para representar a obra “Poncia”, da compañía Teatro Español. A criada de Bernarda Alba será a protagonista desta peza, cun texto escrito a partir das intervención de Poncia na obra de Federico García Lorca. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. A obra inicia a programación da novena edición do Festival internacional do monólogo teatral Singular.
Sábado 2 de marzo de 2024
Actividade: Teatro: “Deadpan Karaoke” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
A programación do Festival Singular inclúe a representación da comedia “Deadpan Karaoke”, da compañía Ibuprofeno Teatro. A actriz Marián Bañobre protagoniza este espectáculo, autoría dela e de Patricia Rodríguez. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 3 de marzo de 2024
Actividade: “III Carreira e andaina pola Igualdade” Hora: A partir das 10:00 Lugar: Saída e meta nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara
Preto de medio milleiro de persoas participarán na Carreira e andaina pola Igualdade, nas diferentes categorías establecidas. O acto enmárcase na programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Actividade: “Campionato galego de BTT Resistencia Cidade de Narón” Hora: A partir das 10:00 Lugar: Circuíto na Pombiña
O Concello organiza o evento en colaboración coa Federación Ciclismo Galego e o Club Ciclista Narón. Os participantes realizarán en BTT un circuito de seis quilómetros pola parroquia de Pedroso, gañando o que dea máis voltas nun tempo máximo de tres horas.
Actividade: Teatro “Frida” Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)
O primeiro espectáculo para público familiar e infantil é “Frida”, unha peza de A Cova das Letras protagonizada por Cris Collazo e Martiño Mato. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.