O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres 1 por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2024 estará dotado cun orzamento de 1.007.924 euros, un 10% máis que o ano pasado.
“O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia”, explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,3 millóns en 2024. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
6.800 euros por quilómetro
Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.800 euros por quilómetro, apuntou o deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento dun 10% no orzamento destinado a este fin, xa que “o traballo de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria”.
PLAN CONSERVACION DE ESTRADAS 2024 (1ª Fase)
DENOMINACION DA OBRA |
IMPORTE |
GRUPO 1A – Ortigueira |
194.883,69 |
GRUPO 1B – Cariño |
212.800,35 |
GRUPO 2- Mañón e As Pontes |
238.587,33 |
GRUPO 3- Cedeira, Cerdido e Valdoviño |
341.269,16 |
GRUPO 4- Ferrol e Narón |
442.727,81 |
GRUPO 5- Moeche, San Sadurniño e As Somozas |
304.531,88 |
GRUPO 6 – Ares, Fene, Mugardos e Neda |
332.184,18 |
GRUPO 7- Cabana, Miño, Paderne e Pontedeume |
371.278,54 |
GRUPO 8- As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior |
446.419,32 |
GRUPO 9 – Oleiros e Sada |
449.994,35 |
GRUPO 10- Cambre, Bergondo e Betanzos |
449.964,44 |
GRUPO 11- Abegondo, Carral e Oza-Cesuras |
449.815,31 |
GRUPO 12- Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras |
362.179,90 |
GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino |
262.803,89 |
GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar |
215.434,98 |
GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques |
264.292,21 |
GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro |
402.851,22 |
GRUPO 16 – Arteixo, A Coruña e Culleredo |
449.922,21 |
GRUPO 17- Carballo, Cerceda e Laracha |
350.923,30 |
GRUPO 18 – Cabana, Malpica e Ponteceso |
399.732,99 |
GRUPO 19- Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo |
193.356,77 |
GRUPO 20- Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos |
231.659,57
|
GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra
|
278.623,66 |
GRUPO 22 – Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra
|
398.044,65 |
GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes
|
322.554,58 |
GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia
|
346.995,98 |
GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois
|
275.204,80 |
GRUPO 26 – Ames, Santiago, Teo e Vedra
|
380.772,82 |
GRUPO 27- Boiro e Rianxo
|
292.137,21 |
GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do son e Ribeira
|
452.432,88 |
GRUPO 34.- DP 1914 Carballo a Portomouro
|
355.296,79 |
GRUPO 35.- Coristanco, Santa Comba e Zas
|
311.958,52 |
GRUPO 36.- D.P.3404.- Serra de Outes a Dumbría
|
226.289,25 |
Total |
11.007.924,54 |