O CPR Santiago Apóstol na fase final do Club de Debate Alingua

Alumnado de ESO do IES Terra de Trasancos e do CPR Santiago Apóstol de Narón participou en Santa Comba, na fase clasificatoria do Club de Debate Alingua xunto con alumnado do IES Canido, do IES Concepción Arenal e do IES Saturnino Montojo de Ferrol para debater sobre un tema de actualidade como é “Débense prohibir os teléfonos móbiles nos institutos”.

Os dous equipos gañadores desta xornada, o IES Canido de Ferrol e os Gandariños do CPR Santiago  Apóstol, recibiron un premio valorado en 800 e 500 euros respectivamente e pasan á final que terá lugar en Val do Dubra o 13 de abril

Xunto cos gañadores das outras fases clasificatorias que se desenvolven estes días tamén en Santa Comba e na que participa alumnado dos concellos de Pontevedra, Rois, Teo, Padrón, Política Lingüística, María Lorenzo, felicitou aos dous centros naroneses pola súa participación e ao alumnado do Santiago Apóstol tamén polo premio obtido onte no Club de Debate, desexándolle moita sorte nesa vindeira fase final.

O alumnado participante tivo que defender as posturas a favor e en contra achegando argumentos, e rebatendo os do equipo contrincante.

Os debates foron valorados por un xurado composto por especialistas do ámbito da comunicación e da normalización lingüística que avaliou  aspectos como a calidade, orixinalidade e pertinencia na argumentación; a capacidade de refutación; a calidade lingüística e a capacidade de oratoria; a comunicación non verbal; ou o funcionamento como equipo e a seguridade e manexo da situación.

O Club de Debate, tal e como recordou a concelleira naronesa, é un programa dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato no que participan varios concellos galegos, entre eles o de Narón, que promove e valora o uso oral do galego, a reflexión, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …