Manuel Taibo, medalla de ouro na «Mass Start»

Manuel Taibo González, estudante da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e recoñecido Deportista de Alto Nivel da UDC (DANUDC), acaba de conseguir a medalla de ouro na proba de “Mass Start” (saída en masa) do Campionato do Mundo da modalidade de patinaxe de velocidade que se celebrou en Hamar (Noruega) do 22 ao 25 de febreiro.

Foto de Leonie Richarz. Manuel Taibo González no centro do podio como gañador da proba de “Mass Start”

Taibo rematou a carreira cun impresionante tempo de 08:38.30, por diante do patinador noruegués Sigurd Holb Dyrset, medalla de prata cun crono de 08:38.35; e de Max Douma, de Holanda, que acadou o bronce cunha marca de 08:39.10.

Manuel Taibo González (Oleiros, 2004) xa se proclamara campión do mundo júnior nos 1.000 metros sprint nos World Skate Games que se celebraron en Arxentina no ano 2022.

Manuel Taibo González

O campionato que rematou o pasado domingo, día 25 de febreiro, en Noruega foi organizado pola Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU).

Lea también

Venta de entradas para el partido del Racing Club Ferrol ante el CD Mirandés

Ya están a la venta las entradas para el partido que se disputará el lunes …