Cerdido organiza un obradoiro de memoria e ximnasia para maiores de 50 anos

A inscrición está aberta ata o 1 de marzo e hai un total de 25 prazas dispoñibles.

O Concello de Cerdido organiza un curso de memoria e ximnasia para os veciños e veciñas do municipio. Impartirase entre os meses de marzo e xuño cunha periodicidade de dúas veces en semana, con xornadas de dúas horas, os martes e venres en horario de tarde.

As prazas son limitadas e están destinadas a persoas maiores de 50 anos residentes na localidade. A inscrición está aberta ata o venres, 1 de marzo, e hai un máximo establecido de 25 alumnos e alumnas para a actividade. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co 981 411 000 para anotarse.

Os contidos do curso organízanse en catro bloques principais: a estimulación cognosciva, que se basea en actividades individuais e grupais nas que se traballa sobre a interacción, percepción e comprensión do entorno; a estimulación multisensorial, que combina diferentes exercicios con luces, sons e superficies táctiles; o exercicio físico; e diversas actividades recreativas e de lecer.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, considera que “é de gran relevancia levar a cabo este tipo de iniciativas que, ademais de ter un beneficio moi positivo na saúde dos veciños e veciñas, supoñen un motivo de reunión e socialización á marxe das obrigas do día a día”.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …